1
Filipenses 3:13-14
Biblia SEPT
ABGS
Irmáns, eu non boto de conta que a teña alcanzado. Velaquí o único que fago: esquezo o que quedou atrás, lánzome cara ó que está diante, bulo para pillar o premio ó que Deus desde arriba nos convoca en Cristo Xesús.
Compare
Explore Filipenses 3:13-14
2
Filipenses 3:10-11
Así podereino coñecer a El, experimentar a forza da súa resurrección e solidarizarme cos seus sufrimentos, reproducindo en min a súa morte, para ver de chegar eu tamén á resurrección dos mortos.
Explore Filipenses 3:10-11
3
Filipenses 3:8
Máis aínda, todo me parece perda comparado co grande que é coñecer a Cristo Xesús, o meu Señor. Por El tirei con todo e doulle tanto valor coma ó lixo con tal de gañar a Cristo
Explore Filipenses 3:8
4
Filipenses 3:7
Mais todo o que daquela era para min un proveito, estimeino, por causa de Cristo, unha perda.
Explore Filipenses 3:7