1
Números 21:8
Biblia SEPT
ABGS
e o Señor díxolle a Moisés: —"Fai unha serpente velenosa, e pona no alto dun mastro: cada un dos mordidos que a mire, vivirá".
Compare
Explore Números 21:8
2
Números 21:9
Moisés fixo unha serpente de bronce e púxoa na punta dun mastro; e cada un que fora mordido pola serpente, se miraba para a serpente de bronce, quedaba san.
Explore Números 21:9
3
Números 21:5
E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"
Explore Números 21:5
4
Números 21:6
O Señor enviou contra o pobo serpes velenosas, que o morderon, e morreu moita xente de Israel.
Explore Números 21:6
5
Números 21:7
O pobo foi onda Moisés e dixéronlle: —"Pecamos por falarmos contra o Señor e contra ti; rógalle ó Señor, para que afaste de nós as serpentes!" Moisés rezou polo pobo
Explore Números 21:7