1
Números 14:9
Biblia SEPT
ABGS
Pero non vos rebeledes contra o Señor nin temades a xente do país, pois podemos devoralo coma pan; a súa protección apartouse deles, e o Señor está connosco. Non lles teñades medo!"
Compare
Explore Números 14:9
2
Números 14:18
O Señor é paciente e rico en misericordia; El perdoa a iniquidade e o crime, mais nada deixa sen castigo, pois fai purificar nos fillos as culpas dos pais ata a terceira e cuarta xeración.
Explore Números 14:18
3
Números 14:8
Se o Señor nos é propicio, conduciranos a ese país e daránolo; é un país que deita leite e mel.
Explore Números 14:8
4
Números 14:24
Con todo, ó meu servidor Caleb, porque tivo outro espírito consigo e me seguiu fielmente, heino facer entrar no país onde el xa estivo, e a súa posteridade terao en posesión.
Explore Números 14:24
5
Números 14:28
Dilles: Pola miña vida, palabra do Señor, que conforme vos oín dicirme, así vos vou tratar!
Explore Números 14:28
6
Números 14:11
e o Señor díxolle a Moisés: —"Por canto tempo me ha aldraxar este pobo? Por canto tempo se negará a crer en min, con todos os prodixios que teño feito diante deles?
Explore Números 14:11
7
Números 14:2
Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!
Explore Números 14:2
8
Números 14:6-7
Xosué, fillo de Nun, e Caleb, fillo de Iefuneh, que tamén exploraran a terra, racharon os seus vestidos, e logo dirixiron a palabra a toda a asemblea dos fillos de Israel: —"A terra que percorremos para explorala, é unha terra moi boa.
Explore Números 14:6-7
9
Números 14:21-23
Pero, pola miña vida e pola Gloria do Señor, que enche toda a terra, todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz, non han ver o país que con xuramento lles prometín a seus pais: ningún de cantos me aldraxan o verá!
Explore Números 14:21-23