Vixiade vós, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa: se á tardiña ou con noite cerrada, se co canto do galo ou no amencer. Non vaia ser que chegue de repente, e vos atope durmindo. E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!