1
Miqueas 4:5
Biblia SEPT
ABGS
Si, todos os pobos camiñarán, cada un no nome do seu deus, pero nós camiñaremos no nome do Señor, o noso Deus, para sempre xamais.
Compare
Explore Miqueas 4:5
2
Miqueas 4:2
e irán a el numerosos pobos, que dirán: "Vinde, subamos ó monte do Señor, á casa do Deus de Xacob, para que nos mostre os seus camiños, e camiñemos polos seus vieiros. Ollade: de Sión sairá a Lei, e a palabra do Señor sairá de Xerusalén".
Explore Miqueas 4:2
3
Miqueas 4:1
Velaquí: á fin dos días o monte da Casa do Señor será creado no cume das montañas; velaquí: será levantado por enriba dos montes, xuntaranse nel todas as xentes
Explore Miqueas 4:1
4
Miqueas 4:3
Xulgará os preitos entre numerosos pobos e decidirá o que é xusto entre os poderosos ata lonxe. Na forxa as súas espadas volveranse aixadas; e as súas lanzas, podas. Non levantará a espada un pobo contra outro, nin aprenderán de novo a facer a guerra.
Explore Miqueas 4:3
Home
Bible
Plans
Videos