1
Mateo 24:12-13
Biblia SEPT
ABGS
E, ó crecer a maldade, arrefriarase o amor da maioría. Pero o que persevere ata o final, salvarase.
Compare
Explore Mateo 24:12-13
2
Mateo 24:14
Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a todos os pobos. Entón será a fin.
Explore Mateo 24:14
3
Mateo 24:6
Cando oiades falar de guerras ou de rumores de guerra, coidadiño con alarmarvos; pois teñen que vir, pero aínda non será a fin.
Explore Mateo 24:6
4
Mateo 24:7-8
Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá fame e terremotos en diversos lugares; e todo isto non será máis có comezo das dores.
Explore Mateo 24:7-8
5
Mateo 24:35
O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
Explore Mateo 24:35
6
Mateo 24:5
Moitos virán dicindo: "Eu son o Mesías". E desnortarán a moita xente.
Explore Mateo 24:5
7
Mateo 24:9-11
Daquela entregaranvos ás torturas, mataranvos e odiaranvos todos os pobos por causa miña. Entón moitos fallarán na fe, traizoaranse uns a outros e aborreceranse mutuamente. Aparecerán moitos falsos profetas, enganando a moita xente.
Explore Mateo 24:9-11
8
Mateo 24:4
Respondeulles Xesús: Estade atentos para que ninguén vos desoriente.
Explore Mateo 24:4
9
Mateo 24:44
Así tamén: estade vós preparados, porque na hora menos pensada preséntase o Fillo do Home.
Explore Mateo 24:44
10
Mateo 24:42
Vixiade, porque non sabedes nada do día no que virá o voso Señor.
Explore Mateo 24:42
11
Mateo 24:36
E en canto ó día aquel e á hora, ninguén sabe nada, nin os anxos do ceo, nin o Fillo; só o Pai.
Explore Mateo 24:36
12
Mateo 24:24
Pois aparecerán falsos Mesías e falsos profetas, que farán grandes sinais e prodixios para desorientar a xente, e, se fose posible, incluso os mesmos elixidos.
Explore Mateo 24:24
13
Mateo 24:37-39
Coma nos tempos de Noé, así pasará cando veña o Fillo do Home. Antes do diluvio comían, bebían e casaban ata o día que Noé entrou na arca; e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos. O mesmo pasará cando veña o Fillo do Home.
Explore Mateo 24:37-39
Home
Bible
Plans
Videos