E díxolles ós fillos de Israel: "O día de mañá, cando vosos fillos pregunten a seus pais que senso teñen as pedras estas?, instruiredes a vosos fillos, dicindo: por terra seca pasou Israel este Xordán, pois o Señor, o voso Deus, fixo secar as augas do Xordán diante de vós ata que pasastes, como xa fixera co Mar Rubio, que o secou diante de nós ata que o atravesamos