Meu señor, meu rei, estes homes cometeron unha inxustiza con todo o que lle fixeron a Xeremías, o profeta, e con botalo na cisterna; vai morrer onde está por falta de pan, xa que non hai pan na cidade.
Entón o rei deulle esta orde a Ébed—Mélec, o etíope:
—Colle ás túas ordes tres homes destes, e sube da cisterna ó profeta Xeremías, antes de que morra.