Todo este país será unha desolación e un estrago, e todos estes pobos serán servos do rei de Babilonia durante setenta anos. Pero cando se cumpran os setenta anos, heilles pedir contas ó rei de Babilonia e ó seu pobo das súas iniquidades, o mesmo que ó país dos caldeos, que converterei nunha desolación para sempre.