1
Xeremías 17:7-8
Biblia SEPT
ABGS
Bendito o home que confía en Deus: a súa esperanza é o Señor. Será coma unha árbore transplantada xunto á auga, que bota as súas raíces para o regueiro; non notará cando veña a seca, e a súa follaxe estará frondosa; nos anos de seca non terá preocupacións, pois non deixará de dar froito.
Compare
Explore Xeremías 17:7-8
2
Xeremías 17:9
O máis persoal e propio de todo é o corazón; é o máis íntimo: quen o coñecerá?
Explore Xeremías 17:9
3
Xeremías 17:10
Eu, o Señor, son quen escruto as intencións, quen examina os sentimentos, para lle dar a cada un conforme o seu comportamento, conforme o froito das súas obras.
Explore Xeremías 17:10
4
Xeremías 17:5-6
Así fala o Señor: —Maldito o home que confía no home: pon a súa forza na carne, e retira do Señor o seu corazón. Será coma un cardo no ermo, non verá vir a fartura; habitará nas pedras do deserto, terra salobre e inhabitable.
Explore Xeremías 17:5-6
5
Xeremías 17:14
Sándame, Señor, e quedarei san, sálvame e quedarei salvo: para ti é a miña loanza.
Explore Xeremías 17:14