1
Santiago 3:17
Biblia SEPT
ABGS
Pola contra, a sabedoría que vén do ceo é primeiramente pura e despois pacífica, sinxela, acolledora, chea de misericordia e de bos froitos, imparcial, sen finximento.
Compare
Explore Santiago 3:17
2
Santiago 3:13
Quen de vós ten bo xuízo e experiencia? Pois quen o teña que manifeste coa súa boa conduta as obras feitas con asisada mansedume.
Explore Santiago 3:13
3
Santiago 3:18
O froito da xustiza seméntano coa paz os que van facendo a paz.
Explore Santiago 3:18
4
Santiago 3:16
Pois onde hai receos e liortas, dáse tamén alí o descontento e toda caste de ruindades.
Explore Santiago 3:16
5
Santiago 3:9-10
Con ela bendicimos a Deus, o noso Pai; e con ela maldicimos os homes, creados semellantes a Deus. Dos mesmos beizos saen a bendición e mais a maldición. E isto, irmáns, non debía ser así.
Explore Santiago 3:9-10
6
Santiago 3:6
E a lingua é un lume, un mundo de ruindade. A lingua é unha parte dos nosos membros que contamina o corpo enteiro e, por estar inflamada polo inferno, fai arder ela tamén, pola súa banda, toda a nosa vida desde os comezos.
Explore Santiago 3:6
7
Santiago 3:8
A lingua, en troques, ninguén a dá domeado: é un mal sen acougo, cheo de solimán de morte.
Explore Santiago 3:8
8
Santiago 3:1
Meus irmáns, que non haxa moitos de vós a se poñeren de mestres; xa sabedes que ós mestres os han xulgar con maior severidade
Explore Santiago 3:1