1
Santiago 1:2-3
Biblia SEPT
ABGS
Cando vos vexades envoltos en diferentes tentacións, meus irmáns, tédevos por moi ditosos, porque xa sabedes que aquilo que somete a proba a vosa fe xera paciencia.
Compare
Explore Santiago 1:2-3
2
Santiago 1:5
Se algún de vós está necesitado de sabedoría, que lla pida a Deus, que llela dá a todos abondosamente e sen roñar
Explore Santiago 1:5
3
Santiago 1:19
Xa o sabedes, meus irmáns benqueridos: que todo home sexa espelido para escoitar, calmo para falar e calmo tamén para o anoxo
Explore Santiago 1:19
4
Santiago 1:4
Pero cómpre que a paciencia vaia acompañada de boas obras, de xeito que sexades perfectos e completos sen fallardes en cousa ningunha.
Explore Santiago 1:4
5
Santiago 1:22
Sede cumpridores da Palabra e non vos contentedes con escoitala xustificándovos con razóns enganosas.
Explore Santiago 1:22
6
Santiago 1:12
Benia o home que resiste na tentación, porque, como a supere, recibirá o premio da vida, que Deus prometeu ós que o aman.
Explore Santiago 1:12
7
Santiago 1:17
Todo bo regalo e toda dádiva perfecta vén de arriba, do Pai dos luceiros, en quen nin hai cambios nin tempos de sombras.
Explore Santiago 1:17
8
Santiago 1:23-24
Porque quen escoita a Palabra e non a pon en práctica é coma o home que se puxo a ollar a súa propia cara nun espello; mirouse ben nel pero, ó que deu media volta, esqueceulle como era.
Explore Santiago 1:23-24
9
Santiago 1:27
A relixión limpa e sen lixo ningún ós ollos de Deus Pai é esta: mirar polos orfos e polas viúvas nas súas coitas e gardarse da contaminación deste mundo.
Explore Santiago 1:27
10
Santiago 1:13-14
Que ninguén diga ó se ver tentado: "Deus é quen me tenta", porque nin o mal tenta a Deus nin Deus tenta a ninguén. A cadaquén téntao a súa cobiza cando o arrastra e engaiola
Explore Santiago 1:13-14
11
Santiago 1:9
Que o irmán de condición humilde se glorie da súa gran dignidade
Explore Santiago 1:9