1
Isaías 54:17
Biblia SEPT
ABGS
Toda arma que se faga para ir contra ti, non terá éxito, e toda lingua que se levante contra ti no tribunal, ti probarás que é culpable. Este é o quiñón da herdanza dos servos do Señor. Si, a xustiza deles vén de min, —é o Señor quen fala—.
Compare
Explore Isaías 54:17
2
Isaías 54:10
Pois os montes moveranse e os outeiros abanearán, pero o meu amor non se moverá de onda ti e a miña alianza de paz non cambaleará —dixo o Señor, que ten compaixón de ti—.
Explore Isaías 54:10
3
Isaías 54:4
Non teñas medo, que non te avergonzarás, non teñas vergonza, que non terás que ruborizarte, pois esquecerás a vergonza da túa mocidade, e do oprobio da túa viuvez non te lembrarás máis.
Explore Isaías 54:4
4
Isaías 54:5
Pois velaí o teu Facedor, o teu Creador, Señor Todopoderoso é o seu nome. Certo que o teu Redentor é o Santo de Israel, chámase Deus de toda a terra.
Explore Isaías 54:5
5
Isaías 54:2
Alonga o espazo da túa tenda, estende as cortinas das túas moradas, non te negues; alonga as túas cordas, afinca as túas ferraxes
Explore Isaías 54:2
6
Isaías 54:13
Todos os teus fillos son discípulos do Señor, e mestres da paz son os teus fillos
Explore Isaías 54:13
7
Isaías 54:8
Por un arrebato de ira escondín a miña cara de ti algún tempo pero con amor eterno teño compaixón de ti —dixo o Señor, o teu Redentor—.
Explore Isaías 54:8
8
Isaías 54:7
"Durante un pouco tempo abandoneite, pero con inmensa compaixón recollereite.
Explore Isaías 54:7
9
Isaías 54:9
Si, nos días de Noé aconteceume isto: xurei que as augas de Noé non volverían cruzar sobre a terra, así tamén xurei que non me enfadaría contra ti nin te ameazaría.
Explore Isaías 54:9
10
Isaías 54:12
Asento as túas torres con rubís, e as túas portadas con pedras de cuarzo. Toda a túa muralla con pedras preciosas.
Explore Isaías 54:12