1
Isaías 53:5
Biblia SEPT
ABGS
Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías, foi esmagado polas nosas iniquidades. O castigo que nos trouxo a paz caeu sobre el, a súa ferida foi a nosa curación.
Compare
Explore Isaías 53:5
2
Isaías 53:6
Todos nós coma rabaño andabamos perdidos, cada un polo seu camiño. Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.
Explore Isaías 53:6
3
Isaías 53:4
El cargou coas nosas dores, el soportou os nosos sufrimentos. Nós considerámolo ferido, castigado por Deus e aflixido.
Explore Isaías 53:4
4
Isaías 53:3
Desprezado, o máis rexeitado dos homes, varón de sufrimentos, familiarizado coa dor. Coma alguén de quen se esconde a cara, desprezado, non lle tivemos aprecio.
Explore Isaías 53:3
5
Isaías 53:7
Foi oprimido, foi aflixido; pero el non abriu a súa boca. Foi levado coma unha res á matanza, e, coma ovella muda ante o tosquiador, non abriu a súa boca.
Explore Isaías 53:7
6
Isaías 53:10
O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento: Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado. Pero el verá descendencia, alongará os seus días e por medio del cumprirase a salvación do Señor.
Explore Isaías 53:10
7
Isaías 53:2
El subiu coma tenro gromo na súa presenza, coma raíz en terra reseca. Non tiña beleza nin esplendor; vímolo, e o seu aspecto non era atraente.
Explore Isaías 53:2
8
Isaías 53:12
Por isto repartirei con el xunto cos grandes, e cos poderosos terá parte no botín, porque entregou a súa vida á morte e foi contado cos malvados. Si, el foi o que cargou co pecado de moitos e fai a intercesión polos malvados.
Explore Isaías 53:12
9
Isaías 53:11
Polos traballos da súa vida verá a luz, alcanzará a sabedoría. O Xusto volverá xusto o seu Servo para o ben de moitos e as iniquidades destes el soportará.
Explore Isaías 53:11
10
Isaías 53:8
Foi levado cun xuízo perverso, ninguén se preocupou da súa vida. El foi arrincado do mundo dos vivos, para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.
Explore Isaías 53:8
11
Isaías 53:9
Puxeron a súa sepultura entre os malvados, e a súa tumba entre os ricos, aínda que non cometeu violencia, nin houbo fraude na súa boca.
Explore Isaías 53:9