Eu retirarei da súa boca os nomes dos Baales,
que non volverán ser nomeados cos seus nomes.
No día aquel farei unha alianza en favor deles,
cos animais salvaxes, cos paxaros do ceo e cos réptiles do chan:
romperei o arco e a espada e mais a guerra, arredándoos do país,
e fareinos durmir na tranquilidade.