1
Hebreos 4:12
Biblia SEPT
ABGS
Collámolo a peito, xa que a palabra de Deus é viva e dinámica, máis cortante do que unha espada de dobre fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o espírito, as xuntas e a medula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos.
Compare
Explore Hebreos 4:12
2
Hebreos 4:16
Acheguémonos, con liberdade ó trono da graza, para conseguirmos misericordia e atoparmos graza para unha axuda no seu debido tempo.
Explore Hebreos 4:16
3
Hebreos 4:15
Pois así é: nós non temos un Sumo Sacerdote que non se poida compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado.
Explore Hebreos 4:15
4
Hebreos 4:13
Non hai cousa que se lle esconda, todo está nu e penetrable ós seus ollos: é a ela a quen lle temos de dar contas.
Explore Hebreos 4:13
5
Hebreos 4:14
Pois logo, xa que temos un gran Sumo Sacerdote que xa penetrou no ceo, Xesús, o Fillo de Deus, manteñamos a esperanza que profesamos.
Explore Hebreos 4:14
6
Hebreos 4:11
Collamos a peito o entrar neste acougo, de xeito que ninguén caia nunha rebeldía coma aquela.
Explore Hebreos 4:11