1
Xénese 50:20
Biblia SEPT
ABGS
Vós pensastes facerme mal, pero Deus trocouno en ben, para conseguir o que hoxe vemos: facer vivir un grande pobo.
Compare
Explore Xénese 50:20
2
Xénese 50:19
Xosé díxolles: —"Non teñades medo. Estou eu no lugar de Deus?
Explore Xénese 50:19
3
Xénese 50:21
Agora non teñades medo. Eu mantereivos a vós e a vosos fillos". Xosé consolou a seus irmáns e faloulles ó corazón.
Explore Xénese 50:21
4
Xénese 50:17
Dicídelle isto a Xosé: Perdóalles a teus irmáns o seu crime e o seu pecado, cando te trataron mal. Perdoa agora a culpa dos servos do Deus de teu pai". Cando oíu o que falaban, Xosé botou a chorar.
Explore Xénese 50:17
5
Xénese 50:24
Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".
Explore Xénese 50:24
6
Xénese 50:25
Xosé fixo xurar ós fillos de Israel: —"Cando veña Deus vervos, levaredes convosco os meus ósos".
Explore Xénese 50:25
7
Xénese 50:26
Xosé morreu ós cento dez anos. Embalsamárono en Exipto e metérono nun sarcófago.
Explore Xénese 50:26
Home
Bible
Plans
Videos