Cando Moisés era xa grande, foi un día visitar a seus irmáns, e atopounos coas súas cargas. Viu tamén que un home exipcio batía nun hebreo de entre seus irmáns. Mirou para un lado e para o outro, e certificando que non había ninguén, matou ó exipcio e enterrouno na area.