E ó pobo recoméndalle os mandamentos e as leis, ensínalle o camiño que han seguir e as cousas que han facer. Procura no medio do pobo homes de valer e que teñan temor de Deus, homes firmes, inimigos da cobiza, e ponos á fronte do pobo, como xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.