1
Deuteronomio 28:1
Biblia SEPT
ABGS
Se escoitas con actitude de obediencia a voz do Señor, o teu Deus, gardando e pondo en obra todos os seus mandamentos, que eu mando hoxe, o Señor, o teu Deus, converterate no máis grande de todos os pobos da terra.
Compare
Explore Deuteronomio 28:1
2
Deuteronomio 28:2
E todas estas bendicións que seguen, virán sobre ti e chegaranche a ti, xa que lle fas caso á voz do Señor, o teu Deus
Explore Deuteronomio 28:2
3
Deuteronomio 28:13
O Señor porate á cabeza e non ao rabo, estarás sempre arriba e non abaixo, se lles fas caso ós mandamentos do Señor, o teu Deus, que hoxe che mando gardar e pór en práctica
Explore Deuteronomio 28:13
4
Deuteronomio 28:12
O Señor abrirá no teu favor o seu precioso tesouro do ceo, mandando ao seu tempo a chuvia que precisa o teu país e bendicindo calquera obra da túa man de xeito que ti lles prestes a populosas nacións, mentres que ti non terás preciso de pedir prestado.
Explore Deuteronomio 28:12
5
Deuteronomio 28:7
Os teus inimigos, que contra ti se levanten, converteraos o Señor en derrotados na túa presenza: por un só vieiro saíron contra ti e por sete vieiros escaparán.
Explore Deuteronomio 28:7
6
Deuteronomio 28:8
O Señor ordenará que a bendición estea contigo nas túas arcas e nas empresas da túa man. El bendicirate no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar.
Explore Deuteronomio 28:8
7
Deuteronomio 28:6
Benia ti cando entres e benia ti cando saias.
Explore Deuteronomio 28:6
8
Deuteronomio 28:3
Benia ti na cidade, e benia ti no campo.
Explore Deuteronomio 28:3
9
Deuteronomio 28:4
Benia o froito do teu ventre, o froito da túa terra e o froito do teu gando, o parto das túas vacas e as crías das túas ovellas.
Explore Deuteronomio 28:4
10
Deuteronomio 28:9
Constituirate o Señor nun pobo consagrado a El, tal como cho xurou, se ti cumpres os mandamentos do Señor, o teu Deus, e camiñas polos seus vieiros.
Explore Deuteronomio 28:9
11
Deuteronomio 28:5
Benia túa cesta e mais a túa artesa.
Explore Deuteronomio 28:5
12
Deuteronomio 28:11
O Señor concederache ter bens de abondo: froitos do teu ventre, froitos do teu gando e froitos da túa terra, cando esteas na terra que o Señor lles xurou a teus pais que cha daría.
Explore Deuteronomio 28:11
13
Deuteronomio 28:10
Entón todos os pobos da terra verán que o nome do Señor se invoca sobre ti e teranche medo.
Explore Deuteronomio 28:10
14
Deuteronomio 28:14
e se non te desvías cara á dereita nin cara á esquerda de ningunha destas disposicións que eu vos mando hoxe, camiñando tras deuses alleos e dándolles culto.
Explore Deuteronomio 28:14
15
Deuteronomio 28:15
Pero se non lle fas caso á voz do Señor, o teu Deus, pondo coidado en cumprir todos os seus mandamentos e preceptos que eu che mando hoxe, entón todas estas maldicións virán enriba de ti e afectaranche
Explore Deuteronomio 28:15