Entón Ananías, poñéndose en camiño, entrou na casa, e impoñéndolle as mans, díxolle:
Irmán Saulo, quen me manda é o Señor Xesús, que se che apareceu cando viñas polo camiño, para que recobres a vista e te enchas do Espírito Santo.
No instante, caéronlle dos ollos como unhas escamas e recuperou a vista; ergueuse, e bautizouse.