1
2 Corintios 4:18
Biblia SEPT
ABGS
Non poñemos as nosas olladas nas cousas que se ven, senón nas que non se ven; porque as que se ven son efémeras, mentres que as que non se ven son eternas.
Compare
Explore 2 Corintios 4:18
2
2 Corintios 4:16-17
Por iso non nos apoucamos: aínda que o noso exterior vai esmorecendo, o interior, todo o contrario: renóvase de días a días. Os sufrimentos transitorios e leves prepárannos unha inmensa carga de gloria eterna por riba de toda medida.
Explore 2 Corintios 4:16-17
3
2 Corintios 4:8-9
Apértannos por todas partes, mais non nos esmagan; andamos en apuros mais non desesperados; Andamos perseguidos pero non abandonados; derrúbannos pero non nos rematan.
Explore 2 Corintios 4:8-9
4
2 Corintios 4:7
Mais levamos ese tesouro en vasos de barro. E así esa forza tan extraordinaria aparece coma forza de Deus, e non nosa.
Explore 2 Corintios 4:7
5
2 Corintios 4:4
pola súa incredulidade o deus deste mundo cegoulles o entendemento para que non vexan o esplendor do Evanxeo da gloria de Cristo, que é imaxe de Deus.
Explore 2 Corintios 4:4
6
2 Corintios 4:6
Pois o Deus que dixo brille a luz no medio das tebras, alumeou nos nosos corazóns, para que se manifestase o coñecemento da gloria de Deus no rostro de Cristo.
Explore 2 Corintios 4:6