1
2 Corintios 1:3-4
Biblia SEPT
ABGS
Bendito sexa Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo, Pai misericordioso e Deus de toda consolación! El anímanos en todas as nosas mágoas, de xeito que poidamos nós animar os outros en calquera aflición, no consolo que recibimos de Deus.
Compare
Explore 2 Corintios 1:3-4
2
2 Corintios 1:5
Pois, do mesmo modo que rebordan en nós os sufrimentos de Cristo, tamén grazas a Cristo reborda igualmente o noso ánimo.
Explore 2 Corintios 1:5
3
2 Corintios 1:9
Porque tivemos sobre nós a sentencia de morte. Así aprendemos a non poñermos a confianza en nós senón en Deus, que resucita os mortos.
Explore 2 Corintios 1:9
4
2 Corintios 1:21-22
O que nos mantén firmes —a min e a vós— na adhesión a Cristo é Deus, que nos unxiu para si, que tamén nos marcou co seu selo e infundiu nos nosos corazóns a garantía do seu Espírito.
Explore 2 Corintios 1:21-22
5
2 Corintios 1:6
Se pasamos apertos, é para que vós teñades ánimo e vos salvedes; se estamos animados, é para que vós teñades ánimo e aturedes con paciencia os mesmos sufrimentos que padecemos nós.
Explore 2 Corintios 1:6