Xaúl faloulle ó seu fillo Ionatán e ós seus servidores de matar a David. Pero Ionatán, fillo de Xaúl, queríalle moito a David e avisouno, dicíndolle: —"Meu pai Xaúl trata de matarte. Anda, pois, con moito coidado. Pola mañá procúrate un tobo e acóchate.