1
1 Reis 19:12
Biblia SEPT
ABGS
Despois do tremor de terra veu un gran lume; mais non estaba no lume o Señor. Despois do lume oíuse o murmurio dunha airexadiña suave.
Compare
Explore 1 Reis 19:12
2
1 Reis 19:4
El seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: —"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus pais".
Explore 1 Reis 19:4
3
1 Reis 19:11
Díxolle o Señor: —"Sae de aí e fica de pé no monte, diante do Señor. Porque o Señor vai pasar". Nisto veu un rexo furacán, que fendía os montes e cuarteaba os penedos diante do Señor. Mais non estaba o Señor no furacán. Despois do furacán houbo un tremor de terra; mais tampouco no tremor de terra estaba o Señor.
Explore 1 Reis 19:11
4
1 Reis 19:13
En canto Elías o sentiu, tapou a cara co manto, saíu fóra e ficou en pé, na entrada da cova. Niso chegou unha voz que preguntaba: —"Que fas aí, Elías?"
Explore 1 Reis 19:13
5
1 Reis 19:9
Alí meteuse nunha cova e pasou nela a noite. Chegoulle a palabra do Señor, que lle preguntou: —"Que fas aí, Elías?"
Explore 1 Reis 19:9
6
1 Reis 19:8
Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento, andou corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.
Explore 1 Reis 19:8
7
1 Reis 19:5
Deitouse á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e díxolle: —"Érguete e come".
Explore 1 Reis 19:5
8
1 Reis 19:7
Tornou de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle: —"Érguete e come, que che queda moito camiño".
Explore 1 Reis 19:7
9
1 Reis 19:10
El respondeu: —"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron polo fío da espada os teus profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".
Explore 1 Reis 19:10
10
1 Reis 19:6
Mirou Elías e viu á súa cabeceira unha bica cocida no rescaldo e un xerro de auga. Comeu e bebeu daquilo e volveuse deitar.
Explore 1 Reis 19:6
11
1 Reis 19:2
Ela mandou entón un mensaxeiro, que lle fose dicir a Elías: —"Que os deuses me traten do peor, se mañá destas horas non teño feito contigo o que fixeches ti con eles".
Explore 1 Reis 19:2
12
1 Reis 19:18
Pero deixarei en Israel un resto de sete mil homes, os que non dobraron os xeonllos diante de Baal e que non o bicaron cos seus beizos".
Explore 1 Reis 19:18
13
1 Reis 19:19
Elías marchou de alí e encontrouse con Eliseo, fillo de Xafat, que araba con doce xuntas, levando el a derradeira. Elías pasou a carón del e botoulle enriba o seu manto.
Explore 1 Reis 19:19
14
1 Reis 19:21
Ao dar a volta, Eliseo colleu a xunta de bois e ofreceunos en sacrificio. Cos apeiros de arar coceu a carne e deulle á xente de comer. Despois foise con Elías e quedou ó seu servizo.
Explore 1 Reis 19:21
15
1 Reis 19:20
Eliseo deixou os bois e foi correndo atrás de Elías. E díxolle: —"Déixame despedirme de meu pai e de miña nai, e logo ireime contigo". El respondeulle: —"Vai, pero volve logo, pois xa ves o que fixen contigo".
Explore 1 Reis 19:20