1
1 Reis 17:14
Biblia SEPT
ABGS
Pois isto di o Señor, Deus de Israel: a talla de fariña non se acabará e a aceiteira do aceite non minguará, ata o día en que o Señor mande a chuvia á terra".
Compare
Explore 1 Reis 17:14
2
1 Reis 17:1
Elías o texbita, de Tixbé de Galaad, díxolle a Acab: —"Pola vida do Señor, Deus de Israel, a quen sirvo! Non caerá orballo nin chuvia estes anos, se eu non o mando".
Explore 1 Reis 17:1
3
1 Reis 17:13
Díxolle Elías o texbita: —"Non teñas medo. Anda e fai como dixeches. Pero primeiro prepara un panciño con iso e tráemo a min. Despois xa prepararás para ti e para teu fillo.
Explore 1 Reis 17:13
4
1 Reis 17:12
Ela díxolle: —"Pola vida do Señor, teu Deus, que non teño pan ningún. Quédame só na talla unha presa de fariña e unha pinga de aceite na aceiteira. Ves que estou apañando guizos. Irei preparalo para min e para o meu fillo. Comerémolo e despois teremos que morrer".
Explore 1 Reis 17:12
5
1 Reis 17:9
—"Vai a Sarepta de Sidón e fica alí, pois mandeille a unha viúva do lugar que che dea de comer".
Explore 1 Reis 17:9
6
1 Reis 17:16
sen que se acabase a fariña da talla nin minguará o aceite na aceiteira, como dixera o Señor por medio de Elías.
Explore 1 Reis 17:16
7
1 Reis 17:15
Foi ela facer o que Elías lle dixera. E comeu el, ela e seu fillo, moito tempo
Explore 1 Reis 17:15
8
1 Reis 17:10
Foi el á Sarepta e, ó entrar pola porta da cidade, viu alí unha muller viúva, que estaba xuntando guizos. Elías chamou por ela e díxolle: —"Fai o favor e vaime por unha pouca auga na xerra para beber".
Explore 1 Reis 17:10
9
1 Reis 17:4
Do regato beberás, e eu mandarei corvos que che leven alí de comer".
Explore 1 Reis 17:4
10
1 Reis 17:11
Mentres ía ela collerlla, Elías chamouna e díxolle: —"Tráeme tamén, se podes, na túa man un anaco de pan".
Explore 1 Reis 17:11
11
1 Reis 17:6
Os corvos levábanlle alí pan pola mañá e carne pola tarde. E bebía do regato.
Explore 1 Reis 17:6
12
1 Reis 17:7
A volta duns poucos días, o regato secou, porque non chovía na rexión.
Explore 1 Reis 17:7
13
1 Reis 17:24
A muller díxolle a Elías: —"Agora acabo de ver que ti es un home de Deus, e que a palabra do Señor está de verdade na túa boca".
Explore 1 Reis 17:24
14
1 Reis 17:5
Elías fixo o que lle mandaba o Señor, o foi vivir onda o torrente Carit, do outro lado do Xordán.
Explore 1 Reis 17:5
15
1 Reis 17:22
O Señor escoitou a oración de Elías, e o neno comezou a alentar e reviviu.
Explore 1 Reis 17:22