1
1 Xoán 5:14
Biblia SEPT
ABGS
Cando acudimos a el, estamos certos de que nos escoita, se o que lle pedimos está conforme coa súa vontade.
Compare
Explore 1 Xoán 5:14
2
1 Xoán 5:15
Se estamos certos de que nos escoita en calquera cousa que lle pidamos, estamos tamén certos de que xa conseguimos o que lle estamos pedindo.
Explore 1 Xoán 5:15
3
1 Xoán 5:3-4
Porque o amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos. Os mandamentos de Deus non son pesados, porque nacer de Deus permítenos vencer o mundo. E esta é a vitoria que derrota o mundo: a nosa fe.
Explore 1 Xoán 5:3-4
4
1 Xoán 5:12
Quen ten o Fillo, ten a vida; quen non ten o Fillo, non ten a vida.
Explore 1 Xoán 5:12
5
1 Xoán 5:13
Con esta carta quero que vós, os que credes no Fillo de Deus, esteades seguros de que tedes a vida eterna.
Explore 1 Xoán 5:13
6
1 Xoán 5:18
Sabemos que todo aquel que é un nacido de Deus non peca, senón que o garda consigo aquel que naceu de Deus, para que non lle toque o Maligno.
Explore 1 Xoán 5:18