1
1 Corintios 13:4-5
Biblia SEPT
ABGS
O amor é de corazón grande, é servizal. O amor non ten envexa, non ten fachenda, non se ensoberbece; non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non garda malicia
Compare
Explore 1 Corintios 13:4-5
2
1 Corintios 13:7
Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre.
Explore 1 Corintios 13:7
3
1 Corintios 13:6
non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade.
Explore 1 Corintios 13:6
4
1 Corintios 13:13
En resumo: hai tres cousas que permanecen: a fe, a esperanza, e o amor. Pero delas a meirande é o amor.
Explore 1 Corintios 13:13
5
1 Corintios 13:8
O amor non pasa endexamais; mentres que as profecías desaparecerán, as linguas calarán, a ciencia acabará.
Explore 1 Corintios 13:8
6
1 Corintios 13:1
Por moito que eu falase as linguas todas dos homes e as dos anxos, se non tiver amor, non sería máis ca un bronce que resoa ou un pandeiro que repenica.
Explore 1 Corintios 13:1
7
1 Corintios 13:2
Por moito que eu falase inspirado e comprendese todos os misterios e mais toda a ciencia e tivese tanta fe que movese os montes, se non tiver amor, non sería nada.
Explore 1 Corintios 13:2
8
1 Corintios 13:3
Por moito que eu reparta todo o que teño e me deixe queimar vivo, se non tiver amor, non me sería de proveito ningún.
Explore 1 Corintios 13:3
9
1 Corintios 13:11
Cando eu era neno, falaba coma un neno, pensaba coma un neno, razoaba coma un neno; cando cheguei a home, deixei de lado as cousas de neno.
Explore 1 Corintios 13:11