Chapa ya Youversion
Ikoni ya Utafutaji

Romanos 7

7
Liberados da Lei
1Ou descoñecedes, irmáns falo para os que coñecedes a Lei que a lei domina no home unicamente mentres vive? 2Así a muller casada está sometida pola lei ó home mentres lle vive; pero, se morre o home, queda liberada da vinculación legal a el. 3Por iso, se mentres lle vive o home, vai con outro, será adúltera; pero, se lle morre o home, queda libre desa lei; de forma que xa non será adúltera se casa con outro home.
4Así que, meus irmáns, tamén vós quedastes mortos para a Lei mediante o corpo de Cristo, para pertencerdes a outro: a aquel que resucitou dos mortos; de xeito que deamos froitos para Deus. 5De feito, cando estabamos na nosa condición irredenta, os degoros do pecado suscitados pola Lei influían nos nosos membros, a fin de que frutificásemos para a morte. 6Pero agora, mortos a aquilo que nos encadeaba, quedamos liberados da Lei, de modo que poidamos servir na novidade do espírito e xa non máis na decrepitude da letra.
Relación entre a Lei e o pecado
7Temos que concluír, logo, que a Lei é pecado?
De ningunha maneira. Non obstante, eu non coñecín o pecado senón pola Lei, porque non coñecería a cobiza se a Lei non dixese "non cobizarás". 8O pecado, aproveitando a ocasión que lle ofrecía o mandamento, fixo inzar en nós toda clase de cobiza; fóra da Lei o pecado está morto. 9De feito houbo un tempo no que eu non estaba baixo a Lei, e vivía; pero, ó aparecer a Lei, recobrou a vida o pecado 10e morrín eu. Atopeime así con que o mandamento, que era para dar vida, daba a morte. 11Porque o pecado, aproveitando a ocasión que lle ofrecía o mandamento, extravioume e, valéndose del, levoume á morte.
12Por conseguinte, en si a Lei é santa e o mandamento santo, xusto e bo. 13Resulta, logo, que o que era bo se fixo morte para min?
Non, abofé. Pero o pecado, valéndose do que era bo, causoume a morte, mostrándose así no seu auténtico carácter de pecado; dese xeito, grazas ó mandamento, resalta extraordinariamente o carácter criminal do pecado.
14Certo que sabemos que a Lei é espiritual; pero eu son carnal, vendido coma escravo ó pecado. 15Realmente, o que fago non o entendo: posto que non fago aquilo que quero, senón que fago precisamente aquilo que detesto. 16E, se o que fago é o que non quero, con iso recoñezo que a Lei é boa.
17Pero entón xa non son eu o que obro, senón, máis ben o pecado que mora en min. 18Pois sei que non é o ben o que mora en min, é dicir, na miña condición irredenta, porque o querer está dentro de min, pero o obrar o ben, non. 19Pois non fago o ben que quero, senón que fago o mal que non quero. 20E se o que fago é xustamente o que non quero, non son eu quen o fai, senón o pecado que mora en min.
21Atopo, por tanto, en min esa lei: que, ó querer facer o ben, o que me sae é o mal. 22Na intimidade do meu ser comprázome coa Lei de Deus, 23pero vexo outra lei no meu corpo, que lle fai a guerra á lei da miña razón, escravizándome á lei do pecado, que levo no meu corpo. 24Pobre de min! Quen me librará deste meu corpo instrumento da morte? 25Pero, si: grazas a Deus por medio de Xesús Cristo o noso Señor!
Así que eu mesmo coa razón sirvo á Lei de Deus, pero cos baixos instintos á lei do pecado.

Iliyochaguliwa sasa

Romanos 7: ABGS

Kuonyesha

Nakili

Linganisha

Shirikisha

None

Je, ungependa vivutio vyako vihifadhiwe kwenye vifaa vyako vyote? Jisajili au ingia