Chapa ya Youversion
Ikoni ya Utafutaji

Feitos 25

25
Co novo gobernador romano novo xuízo. Paulo apela ó emperador
1Os tres días da súa chegada á provincia, subiu Festo de Cesarea a Xerusalén. 2Os sumos sacerdotes e os principais dos xudeus presentáronse ante el acusando a Paulo e pedíanlle 3de favor, con mala idea, que o fixese ir para Xerusalén, con mentes de prepararen eles unha trapela para o mataren no camiño.
4Pero Festo respondeu que Paulo estaba preso en Cesarea e que el mesmo marcharía axiña. 5E dixo:
Que os principais de entre vós veñan comigo e, se hai algúns delito nese home, que o acusen.
6Logo de botar entre eles non máis de oito ou dez días, baixou a Cesarea e para o outro día sentou no tribunal e mandou traer a Paulo. 7Cando chegou, rodeárono os xudeus que baixaran de Xerusalén, presentando contra el moitas e graves acusacións, que non eran capaces de probar. 8Paulo, pola súa banda, defendíase dicindo:
Non faltei en nada nin contra a Lei dos xudeus, nin contra o Templo nin contra o César.
9Entón Festo, querendo poñerse a ben cos xudeus, respondeulle a Paulo:
Queres subir a Xerusalén e que te xulguen alí sobre todo isto na miña presenza?
10Pero Paulo respondeu:
Estou diante do tribunal do César e é aquí onde se me debe xulgar. Non lles fixen mal ningún ós xudeus, como ti mesmo sabes ben. 11Se son culpable e cometín algunha cousa que mereza a morte, non me nego a morrer; pero, se non hai fundamento en ningunha das cousas de que eles me acusan, ninguén ten o dereito de me entregar a eles. Apelo ó César!
12Entón Festo, logo de consultar os seus conselleiros, respondeu:
Xa que apelas ó César, irás ó César!
O gobernador fálalle de Paulo ó rei Agripa
13Pasados algúns días, o rei Agripa e Berenice chegaron a Cesarea, a saudar a Festo. 14Como botaron alí días, Festo informou ó rei do caso de Paulo, dicíndolle:
Hai aquí un home que Fiz deixou preso, 15A quen acusaron os sumos sacerdotes e os senadores dos xudeus, estando eu en Xerusalén e pediron a súa condena. 16Respondinlles que non é costume romano entregar un home sen enfrontalo cos seus acusadores e dándolle a posibilidade de se defender da acusación. 17Viñeron comigo ata aquí e, sen demorarme nada, sentei para o outro día no tribunal e mandei traer o home. 18Os acusadores compareceron, pero non presentaron ningunha acusación dos delitos que eu sospeitaba; 19só tiñan en contra del unhas cuestións acerca da súa relixión e dun certo Xesús defunto, de quen Paulo afirma que vive. 20Sen saber que decidir nestas cuestións, pregunteille se quería ir a Xerusalén para xulgalo alí; 21pero Paulo apelou, pedindo que o seu caso fose reservado ó xuízo do emperador e mandei que o gardasen ata mandarllo ó César.
22Entón Agripa díxolle a Festo:
Gustaríame a min tamén escoitar a ese home.
Respondeulle:
Mañá sentiralo.
Paulo diante de Agripa
23O día seguinte, viñeron Agripa e Berenice con grande pompa, e entraron na sala da audiencia, rodeados dos tribunos e dos principais da cidade. A unha orde de Festo, levaron a Paulo.
24Festo dixo:
Rei Agripa e todos os que estades aquí presentes connosco: ese é o home contra quen todos os xudeus viñeron onda min, tanto en Xerusalén coma aquí, berrando que non debería vivir máis. 25Eu recoñecín que non fixera nada que mereza a morte; pero, como el apelou ó emperador, decidín mandarllo. 26Pero non sei que lle hei de escribir en concreto do seu caso ó emperador. Por iso mandeino traer á vosa presenza, sobre todo á túa, rei Agripa, para que, feito o interrogatorio, teña algunha cousa que escribir, 27pois paréceme que non ten xeito mandar un preso sen indicar os cargos que hai contra el.

Iliyochaguliwa sasa

Feitos 25: ABGS

Kuonyesha

Nakili

Linganisha

Shirikisha

None

Je, ungependa vivutio vyako vihifadhiwe kwenye vifaa vyako vyote? Jisajili au ingia