Chapa ya Youversion
Ikoni ya Utafutaji

Feitos 19

19
Paulo volve a Éfeso, onde bota dous anos evanxelizando
1En tanto Apolo estaba en Corinto, Paulo, logo de atravesar o 2interior do país, chegou a Éfeso. Encontrou alí a algúns discípulos, e preguntoulles:
Recibistes o Espírito Santo, cando abrazastes a fe?
Eles respondéronlle:
Nin sequera sentimos dicir que haxa un Espírito Santo.
3Díxolles:
E logo, que bautismo recibistes?
Eles responderon:
O bautismo de Xoán.
4Entón díxolles Paulo:
Xoán bautizaba cun bautismo de conversión, dicíndolle ó pobo que cresen no que viña despois del, é dicir, en Xesús.
5Despois de sentiren isto, bautizáronse no nome do Señor Xesús; 6e logo que Paulo lles impuxo as mans, veu sobre eles o Espírito Santo e comezaron a falar en linguas estrañas e a profetizar. 7En total eran uns doce homes.
8Foi Paulo para a sinagoga e durante tres meses falou abertamente, discutindo e convencendo no tocante ó Reino de Deus. 9Pero, como algúns estaban endurecidos e non crían e falaban mal do Camiño diante da xente, arredouse deles. Tomando á parte os discípulos, falaba cada día na escola dun tal Tirano. 10Isto durou dous anos, de xeito que sentiron a palabra do Señor todos os habitantes da Asia, xudeus e gregos.
11Deus facía milagres extraordinarios polas mans de Paulo; 12A tal punto que poñéndolles ós enfermos os panos da man ou pezas del que tocaran o corpo, desaparecían deles as enfermidades, e marchaban os malos espíritos.
13Tamén algúns xudeus, exorcistas ambulantes, probaron a invocar o nome do Señor Xesús sobre os que tiñan os espíritos malos, dicindo: "esconxúrovos polo Xesús que Paulo predica".
14(Os que isto facían eran sete fillos dun certo Escevas, sumo sacerdote xudeu). 15Pero o mal espírito respondeulles: "coñezo a Xesús e sei quen é Paulo; pero vós quen sodes?" 16E o que estaba posuído polo espírito malo botouse a eles dun brinco e fixo deles un pandeiro, de tal xeito, que tiveron que fuxir da casa aquela en coiro e cheos de feridas.
17Isto soubérono todos os que vivían en Éfeso, xudeus e gregos. Todos tomaron moito respecto e recoñecían a grandeza do nome do Señor Xesús. 18Moitos dos que creran foron confesar e declarar as súas meiguerías 19e moitos dos que foran meigos levaban os libros e queimábanos diante de todos. Calcularon que valerían unhas cincuenta mil moedas de prata. 20Deste xeito medraba e fortalecíase a palabra de Deus.
21Despois destas cousas, Paulo decidiu ir a Xerusalén, pasando por Macedonia e Acaia, declarando: "despois de estar alí, teño que visitar tamén Roma". 22Entón mandou a Macedonia dous dos seus axudantes, Timoteo e Erasto, mentres el pasaba algún tempo aínda en Asia.
O Evanxeo choca cos intereses da industria pagá
23Daquela armouse un gran balbordo por causa do Camiño. 24O caso foi así: un prateiro chamado Demetrio, que fabricaba reproducións en prata do santuario da deusa Artemisa e que proporcionaban ós artesáns non pouca ganancia, 25reuniunos con outros da mesma arte e díxolles:
Compañeiros, ben sabedes que a nosa prosperidade depende desta industria; 26pero estades vendo e sentindo que non só en Éfeso senón tamén en case toda a Asia, ese Paulo convenceu a bastante xente, dicíndolles que non son deuses os que se fan coas mans. 27Isto pon en perigo non só o creto da nosa industria, senón incluso do mesmo templo da gran deusa Artemisa, acabando por desprestixiar a aquela a quen veneran Asia e o mundo enteiro.
28O sentiren isto, alporizáronse e deron en berrar:
Viva a Artemisa dos efesios!
29Armouse unha algueirada por toda a cidade; a xente botouse en masa cara ó teatro, arrastrando consigo ós macedonios Gaio e mais Aristarco, compañeiros de viaxe de Paulo.
30Paulo quería presentarse naquela manifestación pero os discípulos non o deixaron, 31e incluso algúns das autoridades que eran amigos del, mandáronlle aviso de que non aparecese polo teatro.
32Cadaquén berraba polo seu lado, pois a asemblea estaba revolta e a maioría nin sabía por que se xuntaran. 33Entón, saíu de entre a xente Alexandro, animado polos xudeus, que, acenando coa man, pediu a palabra para darlle explicacións á xente. 34Pero cando se decataron de que era xudeu, estiveron berrando todos á xunta case dúas horas:
Viva a Artemisa dos efesios!
35Entón o maxistrado calmou á xente e dixo:
Efesios, quen non sabe que a cidade de Éfeso é a garda do templo da grande Artemisa e da súa imaxe baixada do ceo? 36Sendo isto indiscutible, convén que teñades calma e non fagades as cousas ás toas, 37porque trouxestes uns homes que non son sacrílegos nin blasfeman da nosa deusa. 38Polo tanto, se Demetrio e os artesáns que van con el teñen queixa de alguén, xa hai audiencias e procónsules; que preiteen. 39E, se queredes algunha outra cousa, xa se resolverá na asemblea regulamentaria. 40Mesmo nos arriscamos a que nos acusen de insurrección polo que pasou hoxe, pois non hai motivo ningún que xustifique semellante rebumbio.
En dicindo isto, disolveu a asemblea.

Iliyochaguliwa sasa

Feitos 19: ABGS

Kuonyesha

Nakili

Linganisha

Shirikisha

None

Je, ungependa vivutio vyako vihifadhiwe kwenye vifaa vyako vyote? Jisajili au ingia