Apocalipse 20
20
Visión do encadeamento do dragón
1Logo vin que outro anxo baixaba do ceo, coa chave do abismo e unha cadea grande na man. 2Con ela amarrou forte ó dragón, serpe antiga, que é Satán e Satán, e encadeouno para mil anos. 3Botouno no abismo e pechou e púxolle selo á pechadura diante do dragón para que xa non extravíe máis as nacións ata que se cumpran os mil anos; despois hano soltar unha miguiña de tempo.
Visión do reino milenario
4Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos. 5O resto dos mortos non volveron á vida ata completaren os mil anos: esta é a primeira resurrección. 6Benaventurado e santo o que participa nesta primeira resurrección! Sobre eles non ten poder a morte segunda: serán sacerdotes de Deus e de Cristo e reinarán con El mil anos.
Vitoria definitiva sobre o dragón
7Cando se completen os mil anos, Satán vaise ver ceibe da súa cadea 8e sairá para engaiolar os xentís das catro esquinas do mundo, a Gog e a Magog, para os xuntar para a guerra. O número destes é coma o das areas do mar. 9Subiron por todo o ancho do mundo e rodearon o campamento dos santos e mais a cidade amada. Pero baixou do ceo lume e consumiunos. 10E, despois de os engaiolar, ó demo botárono na lagoa de lume e xofre, onde xa estaban a besta e mais o falso profeta. Alí hanos castigar día e noite polos séculos dos séculos.
Visión do xuízo universal e da vitoria sobre a Morte
11Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presenza fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro. 12Logo vin os mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o libro da vida é ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras. 13O mar entregou os mortos que nel había; e a Morte e o Hades entregaron os mortos que neles había; e a cadaquén xulgárono polas súas obras. 14A Morte e ó Hades botáronos na lagoa de lume. Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume. 15A quen non apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.
Currently Selected:
Apocalipse 20: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: