Apocalipse 17
17
1Logo veu falar comigo un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas e díxome: "Ven acó, que che hei mostrar o xuízo de condenación da gran prostituta que está sentada onda as augas abundantes; 2foi a prostituta dos reis da terra e co viño da súa fornicación emborracháronse os habitantes da terra".
VITORIA DO AÑO SOBRE A GRAN BABILONIA
Visión da gran Prostituta
3Logo arrebatoume en arroubo ó deserto e vin unha muller montada nunha besta vermella, chea de nomes blasfemos, que tiña sete cabezas e dez cornos. 4A muller estaba vestida de púrpura e escarlata, adornada de ouro, de pedras preciosas e de perlas; tiña na man unha copa de ouro chea de abominacións e tiña tamén as porcalladas da súa fornicación. 5Sobre a fronte tiña escrito un nome misterioso: "A gran Babilonia, a nai das prostitutas e das abominacións da terra". 6Logo vin que a muller estaba borracha do sangue do pobo santo e do sangue dos mártires de Xesús.
E, ó mirar para ela, quedei abraiado.
Visión clarificadora do significado da gran Prostituta
7E díxome o anxo: "Por que te admiraches? Vouche explicar eu o senso misterioso da muller e da besta que a leva, a das sete cabezas e os dez cornos. 8A besta que viches existía pero xa non existe, e vai subir do abismo camiño da súa perdición; e os habitantes da terra, que non teñen os seus nomes escritos no libro da vida desde a creación do mundo, hanse admirar ollando que a besta existía, que xa non existe e que volverá aparecer. 9Para isto cómpre entendemento de sabio: as sete cabezas son sete montes sobre os que está sentada a muller; e tamén son sete reis: 10cinco deles xa caeron, un aínda reina, o outro aínda non veu e, cando veña, pouco vai durar. 11A besta, que existía pero xa non existe, é o rei oitavo e ó mesmo tempo é un dos sete; e tamén vai camiño da súa perdición. 12Os dez cornos que viches, son dez reis, que aínda non recibiron a dignidade de reis; pero han recibir xuntamente coa besta poder coma de reis, anque só por unha hora. 13Todos eles teñen o único plan de lle daren a súa forza e mais o seu poder á besta. 14Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".
15Logo díxome: "As augas sobre as que viches sentada a prostituta, son pobos e multitudes, nacións e linguas diferentes. 16Pero os dez cornos que viches e mais a besta aborrecerán a prostituta: deixarana abandonada e espida, comerán a súa carne e volverana cinsa co lume. 17Pois Deus puxo nos seus corazóns que levasen a cabo o seu plan, un plan común a todos: de lle daren á besta a súa dignidade rexia, ata que teñan cumprimento os decretos de Deus. 18A muller que viches é a gran cidade, a que reina sobre os reis da terra".
Currently Selected:
Apocalipse 17: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: