Xeremías 46
46
ORÁCULOS ACERCA DAS NACIÓNS
Escarnio pola desfeita exipcia en Kárkemix
1Circunstancia na que lle comezou a vir a Xeremías a palabra do Señor contra as nacións. 2Sobre Exipto, contra as tropas do faraón Nekó, rei de Exipto, cando se atopaba xunto ó río Éufrates, en Kárkemix, cando o derrotou Nabucodonosor, rei de Babilonia, no ano cuarto de Ioaquim, fillo de Ioxías, rei de Xudá:
3Preparade os escudos e os petos,
marchade á guerra.
4Aparellade os cabalos,
montade os corceis.
Mantédevos na vosa posición cos cascos,
afiade as lanzas,
vestide as coirazas.
5Que é o que estou a ollar?
Eles están cheos de pavor,
retíranse para atrás,
os máis valentes de entre eles son tallados en anacos,
escapan ó refuxio,
non volven a cara,
terror por todo o arredor
—oráculo do Señor—.
6O máis lixeiro non pode fuxir,
o máis valente non pode escapar polo norte,
contra un brazo do río Éufrates tropezan e caen.
7Quen é este que sobe coma o Nilo,
este con augas que medran coma as dos ríos?
8É Exipto que sobe coma o Nilo,
coma ríos engordan as súas augas.
Dicía: "Subirei e alagarei o país,
destruirei a cidade e os seus habitantes.
9Subide, cabalos;
que saian os máis valentes:
os de Etiopía e os de Libia que embrazan o escudo,
e os luditas que agarran e tensan o arco.
10O día aquel será, para o noso Señor Deus dos Exércitos,
o día da vinganza para se vingar dos seus inimigos.
A espada devora e fártase,
está borracha do seu sangue.
Que sacrificio para o noso Señor, Deus dos Exércitos,
no país do Norte, xunto ó río Éufrates!
11Sube a Galaad a buscar bálsamo,
virxe, filla de Exipto:
en van multiplicas as curas,
non hai remedio posible para ti.
12As nacións infórmanse da túa vergonza,
os teus berros enchen a terra:
Velaquí un valente, tropeza contra outro valente,
e os dous caen xuntos.
13Esta é a palabra do Señor que lle veu ó profeta Xeremías, cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, veu castigar ó país de Exipto:
14Comunicádeo en Exipto, pregoádeo en Migdol,
pregoádeo en Menfis e en Tafnes,
dicide: En posición, firme, ti!,
que a espada devora ó teu arredor.
15Por que foxe Apis?,
Por que o teu touro non se ten de pé?
Velaí o Señor que o empurrou,
16tropeza moito, caeu ruidosamente.
Cada un diralle ó seu compañeiro:
"En pé! volvamos co noso pobo,
á terra da nosa orixe,
por causa da espada poderosa".
17Invocade o nome do Faraón, rei de Exipto;
ó seu poder xa lle pasou o momento.
18Pola miña vida —oráculo do Rei
que ten por nome Señor dos Exércitos—,
que así como o Tabor está sobre as montañas,
e como o Carmelo está sobre o mar,
así virá.
19Axeita os teus útiles para a catividade,
poboación, filla de Exipto,
velaí Menfis que se volverá unha desolación,
quedará devastada, sen habitantes.
20Como xovenca bonita preséntase Exipto:
desde o norte velaí vén un tabán.
21Velaí os seus mercenarios no medio dela:
son coma xatos de ceba.
Tamén eles lle volven a cara,
corren todos xuntos sen parar,
o día da desgraza vén sobre eles,
a hora do seu castigo.
22A súa voz é coma a da serpente que asubía,
porque veñen con forza;
con machadas veñen contra el,
coma os que cortan as árbores;
23cortan a súa fraga —é o Señor quen fala—
aínda que é impenetrable;
multiplicáronse máis cós saltóns
non teñen número.
24A filla de Exipto está chea de vergonza,
entrégase ó poder do pobo do Norte.
O castigo da falsa confianza de Exipto traerá a salvación para Israel
25O Señor dos Exércitos, Deus de Israel, di:
—Hei castigar ó deus Amón de Tebas, ó Faraón e a Exipto, ós seus deuses e ós seus reis, ó Faraón e ós que confían nel, 26e entregareinos ó poder dos que buscan acabar coa súa vida, ó poder de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e ó poder dos seus servidores. Despois disto, Exipto vivirá tranquilo, coma nos tempos pasados —é o Señor quen fala—.
27Pero ti, meu servo, Xacob, non teñas medo,
non te asustes, Israel,
pois eu voute salvar traéndote dun país remoto,
e a túa descendencia desde o país da súa catividade.
Xacob volverá e vivirá tranquilo,
estará en paz e non haberá quen o moleste.
28Ti, meu servo, Xacob, non teñas medo
—é o Señor quen fala—,
mira: eu estou contigo;
realizarei a destrución entre todos os pobos,
a onde te dispersei,
pero a ti non te destruirei,
senón que te castigarei como é debido,
pois non te puiden declarar inocente.
Currently Selected:
Xeremías 46: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT