YouVersion Logo
Search Icon

Isaías 58:13-14

Isaías 58:13-14 ABGS

Se apartas o teu pé do sábado, de faceres o que ti queres no meu día santo, se lle chamas ó sábado: "Delicia"; ó día santo do Señor: "Venerable", e se o veneras, deixando de facer as túas viaxes, de atopar os teus negocios e de tratar os teus asuntos, entón atoparás o teu pracer no Señor e eu fareite montar a cabalo das alturas da terra, e dareiche a comer a herdanza de Xacob, teu pai. Si, falou a boca do Señor!