Isaías 45
45
Misión de Ciro
1Así fala o Señor acerca do seu unxido,
Ciro, a quen eu collín da man dereita:
el someterá ante si ós pobos, eu descubrirei ante el o lombo dos reis.
El abre ante si os portóns dobres, as portas non se pecharán ante el.
2Eu camiñarei diante de ti e fareiche favorables os presaxios,
romperei os batentes de bronce e farei anacos as trancas de ferro.
3Dareiche os tesouros pechados e as riquezas dos lugares ocultos,
para que recoñezas que eu son o Señor, quen te chamou polo teu nome,
son o Deus de Israel que te chamou
4por causa do meu servo, Xacob, e de Israel, o meu elixido.
Si, chameite polo teu nome; creeite, aínda que non me coñecías.
5Eu son o Señor e non hai outro, fóra de min non hai deus.
Ameite, aínda que non me coñecías,
6para que se saiba desde o nacente ó solpor que non hai cousa sen min.
Eu son o Señor e non hai outro,
7o que forma a luz e crea a tebra, o que fai a felicidade e crea a desgraza.
Eu, o Señor, o que fago todas estas cousas.
8Ceo, fai caer desde arriba; bóveda celeste, bota para abaixo a xustiza,
que a terra se abra e dea como froito a salvación, que a xustiza faga brotar a felicidade.
Eu, o Señor, son quen a crea.
9Ai do que preitea con quen o formou! Ai do cacharro que preitea con quen o fixo do barro!
Dille a ola a quen a formou: "Que fas? A túa obra non ten xeito!"
10Ai de quen lle di ó pai: "Que xeraches?", e á súa nai: "Que deches a luz?!"
11Así fala o Señor, o Santo de Israel, o que o formou:
"Ídesme pedir contas do futuro dos meus fillos, e ides dar ordes sobre a obra das miñas mans?
12Eu fixen a terra e creei o home sobre ela.
Eu, coas miñas propias mans estendín o ceo, deilles ordes a todas as súas constelacións.
13Eu suscitei a Ciro por causa da xustiza e achanceille todos os seus vieiros.
El reconstruirá a miña cidade e mandará alí os meus exiliados,
sen prezo nin regalo".
O preanuncio e cumprimento das promesas salvíficas provoca a conversión dos pagáns ó Señor
14Así fala o Señor:
"A man de obra de Exipto, os traficantes de Cux, os sebaís, homes de grande estatura,
virán onda ti e serán teus, camiñarán detrás de ti con cadeas,
virán prostarse ante ti e confesarán:
Soamente contigo está Deus e non hai outro; non hai máis deuses".
15Certo, ti es o Deus escondido, o Deus de Israel, o Salvador.
16Avergonzaranse, cubriranse de oprobio todos eles, camiñarán con oprobio os tallistas de ídolos.
17Israel será salvado polo Señor con salvación eterna:
Non vos teredes que avergonzar e endexamais non vos cubriredes de oprobio.
18Si, así fala o Señor, o Creador do ceo, El é Deus,
o formador da terra e o seu facer, El creouna,
non a creou coma un caos, formouna para ser habitada.
"Eu son Iavé e non hai outro.
19Non falei en secreto, nun lugar do inferno, na escuridade.
Non lle dixen á descendencia de Xacob: buscádeme no abismo.
Eu, o Señor, proclamo a xustiza, dou a coñecer a rectitude".
20Xuntádevos! Vinde! Achegádevos a un tempo, escapados das nacións:
Que non o saiban os que levan en alto ese pau, o seu ídolo,
e os que lle rezan a un deus que non é capaz de salvar.
21Expoñede, presentade as vosas probas; aconselládevos uns cos outros.
"Quen fixo oír isto desde antigo? Quen o fixo saber desde o tempo pasado?
Acaso non fun eu, o Señor? Si, non hai outro Deus fóra de min!
Eu son Deus, o Xusto e o Salvador, non hai outro fóra de min.
22Volvédevos cara a min e salvádevos, todos os confíns da terra,
que eu son Deus, e non hai outro.
23Xúroo por min mesmo: da miña boca sae —para cumprir o que é xusto— unha palabra que non se volve atrás:
ante min dobrarase todo xeonllo, por min xurará toda lingua.
24De min dirase: Si, no Señor están a xustiza e o poder".
Onda El virán, avergonzados, todos os que se levantaron contra El.
25Toda a descendencia de Xacob recibirá a xustiza de parte do Señor e nel se gloriará.
Currently Selected:
Isaías 45: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: