Isaías 14
14
Oráculo acerca da volta do desterro
1Certo, o Señor terá compaixón de Xacob, volverá escoller Xerusalén
e faraos descansar na súa terra.
Estranxeiros xuntaranse con eles, e asociaranse coa casa de Xacob.
2Eles collerán pobos e levaranos ó seu lugar;
e a casa de Israel recibiraos en herdanza coma servos e servas na terra do Señor,
e os que a fixeron cativa serán os seus cativos: eles dominarán os seus opresores.
3E cando o Señor te faga descansar da túa aflición e do teu tormento
e da cruel escravitude coa que fuches escravizado,
4entoarás este canto contra o rei de Babilonia:
Reflexión acerca da morte dun tirano
"Como acabou o opresor, como acabou o tirano!
5O Señor rompeu a vara dos malvados, o pau dos dominadores,
6que nos pobos con furor mallaba sen parar,
oprimía con carraxe as nacións, perseguíaas sen sosego.
7Xa descansa e está tranquilo todo o mundo:
Exaltade con cantos de alegría!
8Os cipreses gritan de gozo por ti, e tamén os cedros do Líbano:
Desde que ti caíches xa non sobe onda nós o leñador.
9Debaixo treme o Xeol por causa túa, proclamando a túa chegada:
esperta ós defuntos, a todos os xefes do outro mundo.
Fai levantarse dos seus tronos a todos os reis dos pobos.
10Todos eles tomarán a palabra e diranche:
Tamén a ti che tocou a nosa febleza e te volviches semellante a nós.
11O Xeol fixo abaixar a túa soberbia, deu morte ás túas loucuras.
Debaixo de ti hai un leito de bechos, e a túa manta son vermes.
12Como caíches do ceo, lúa en crecente, filla da alba!;
fuches abatido ó abismo, vencedor dos pobos!
13Si, ti dicías no teu corazón: subirei ó ceo,
máis alto cás divinas estrelas levantarei o meu trono.
Morarei na montaña da Asemblea divina no extremo norte,
14subirei ó máis alto das nubes, asemellareime ó Altísimo.
15Como baixas ó Xeol, ó fondo do Abismo!
16Os que ollen para ti, fixaranse atentamente, discorrendo:
Este é aquel que fixo estremecer aterra, abanear os reinos,
17o que converteu o orbe nun deserto e arrasou as súas cidades,
o que non lles abría o cárcere ós prisioneiros?
18Todos os reis dos pobos, todos descansan con gloria, cada un na súa tumba,
19pero ti fuches botado lonxe da túa, coma un abrollo abominable,
—cuberto de mortos atravesados a espada,
botado ás pedras do Abismo—, coma cadáver tripado.
20Non te xuntarás con reis na sepultura,
xa que destruíches o teu país e acoitelaches o teu pobo.
A raza dos malvados non se nomeará xamais.
21Preparade para os seus fillos a degolación pola iniquidade de seus pais,
non sexa que se levanten e tomen posesión da terra enchéndoa de cidades.
22Levantareime contra eles —así fala o Señor dos Exércitos—
e farei desaparecer de Babilonia o seu nome e o seu resto,
a súa descendencia e a súa raza —así fala o Señor dos Exércitos—.
23Convertereina en herdanza de ourizos cachos, en lameiro,
e varrereina con vasoira de destrución" —así fala o Señor dos Exércitos—.
Oráculo contra Asiria
24O Señor dos Exércitos xurou nestes termos:
"Tal como o planeei, así sucederá;
tal como o decidín, así se fará:
25esnaquizarei a Asiria no meu país, esmagareino sobre a miña montaña;
retirarase o seu xugo de sobre eles; o fardo, do seu ombreiro".
26Este é o proxecto decidido sobre toda a terra,
esta é a man estendida sobre todos os pobos.
27Si, o Señor dos Exércitos teno decidido: quen o fará fracasar?
A súa man está estendida: quen a fará volver atrás?
Aviso dirixido á Filistea
28O ano da morte do rei Acaz tivo lugar este oráculo:
29"Non te alegres, Filistea toda, de que xa rompeu a vara que te mallaba,
porque da raíz da serpente sairá unha víbora,
e o seu froito será un dragón voador.
30Pero os pequenos pacerán onda min, e os pobres descansarán tranquilos,
pois de fame farei morrer atúa raíz, matarei o que quede de ti".
31Xeme, porta! Clama, cidade! Treme ti, Filistea toda!
que veu do norte unha fumareda e ninguén deserta dos seus escuadróns.
32Que se lles responderá ós mensaxeiros do pobo?
—Que o Señor fundou Sión
e nela poden refuxiarse os oprimidos do seu pobo.
Currently Selected:
Isaías 14: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: