Ezequiel 9
9
Visión do anuncio de castigo contra Xerusalén
1Unha gran voz resoa nos meus oídos, dicindo:
Xa chegan os verdugos da cidade, cada un ten na propia man a súa arma de destrución. 2Velaí seis homes que entran polo camiño da porta de arriba, que dá ó norte, cada un ten na propia man a súa arma de esmagar. No medio deles, un home vestido de liño, co tinteiro de escribán á súa cintura. Entraron e puxéronse de pé ó lado do altar de bronce. 3Entón a gloria do Deus de Israel levantouse de enriba dos querubíns, sobre os que estaba, camiño da soleira do templo, e chamou ó home vestido de liño, que tiña na cintura o tinteiro de escribán, 4e díxolle o Señor:
Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e suspiran por causa de todas as abominacións que se cometen no medio dela.
5E ós outros díxolles ós meus oídos:
Percorrede a cidade detrás del e dade golpes,
que o voso rostro non se apiade, nin teñades compaixón.
6Os vellos, ós mozos e mozas,
ós meniños e ás mulleres,
matádeos ata o exterminio;
pero non vos arrimedes a ningún home que leve a marca.
Comezade polo meu santuario.
E eles comezaron cos homes vellos que estaban diante do templo.
7Seguiulles dicindo:
—Profanade o templo, enchede os adros de cadáveres, e saíde.
Eles saíron a matar pola cidade. 8Resultou que cando eles mataban, quedei eu só con vida. Entón caín rostro en terra e berrei deste xeito:
—Ai, meu Señor Iavé! Vas ti acabar con todo o resto de Israel, lanzando a túa ira contra Xerusalén?
9Respondeume:
—A iniquidade da Casa de Israel e de Xudá
é grande, grande abondo;
o país está cheo de sangue
e a cidade está chea de inxustiza;
pois din: "O Señor abandonou o país,
o Señor xa non ve".
10Pero, pola miña parte, o meu rostro non se apiadará, nin terei compaixón; o comportamento deles volvereino sobre a súa cabeza.
11E o home vestido de liño, que tiña o tinteiro na cintura, deu contas nestes termos:
Fíxeno tal como ti me mandaches.
Currently Selected:
Ezequiel 9: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: