Ezequiel 9:3-4
Ezequiel 9:3-4 ABGS
Entón a gloria do Deus de Israel levantouse de enriba dos querubíns, sobre os que estaba, camiño da soleira do templo, e chamou ó home vestido de liño, que tiña na cintura o tinteiro de escribán, e díxolle o Señor: Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e suspiran por causa de todas as abominacións que se cometen no medio dela.



