Ezequiel 14
14
Esixencia de pureza da fe para consultar o profeta
1Viñeron onda min uns homes de entre os anciáns de Israel,
que sentaron en fronte de min. 2Entón veume a palabra do Señor nestes termos:
3Fillo de Adam, estes homes traen os ídolos no corazón, poñen diante deles o que os fai caer nas súas iniquidades, voume deixar consultar?, voume deixar consultar por eles? 4Por isto fálalles e dilles: así fala o Señor, Iavé:
Calquera home da casa de Israel que traia os seus ídolos no corazón, e que traia diante del o que o fai caer nas súas iniquidades, se vén onda o profeta, eu, Iavé, virareime contra o profeta por culpa del, por culpa da multitude dos seus ídolos. 5Deste xeito, sorprenderei á casa de Israel nos seus pensamentos, pois apartáronse de min por culpa de todos os seus ídolos. 6Por isto, dille á casa de Israel: así fala o Señor, Iavé. Arrepentídevos e convertédevos das vosas idolatrías, e retirade a cara de todas as vosas abominacións, 7pois, se un calquera da casa de Israel ou dos forasteiros que residen en Israel se aparta de min e trae os seus ídolos no corazón e pon diante de si o que o fai caer nas súas abominacións, e logo vén a xunto do profeta consultarme por medio del, eu, Iavé, virareime contra o profeta por culpa súa. 8Encarareime con el, convertereino nun escarmento proverbial e arrincareino do medio do meu pobo. Deste xeito vós recoñeceredes que eu son o Señor. 9En canto a ese profeta, se se deixa seducir e pronuncia un oráculo, eu, o Señor, seducirei a ese profeta, estenderei a miña man contra el e extirpareino do medio do meu pobo, Israel. 10Os dous cargarán coa súa culpa, pois a culpa do profeta é a mesma cá culpa do que fai a consulta. 11Deste xeito a casa de Israel non volverá apartarse de min, nin volverá profanarse con todas as súas infidelidades, senón que serán o meu pobo e eu serei o seu Deus é o Señor, Iavé, quen fala.
Irremediable castigo contra Xerusalén
12Veume a palabra do Señor nestes termos:
13Fillo de Adam, poñamos o caso dunha cidade: se peca contra min e comete un sacrilexio, entón eu estendo a miña man contra ela, córtolle as provisións de pan, mando contra ela a fame e retiro dela homes e animais. 14Se estivesen no medio da cidade estes tres homes, Noé, Daniel e Xob, eles salvarían a vida por mor da súa xustiza.
15Ou se non, se eu soltase feras salvaxes nesa cidade deixándoa sen fillos, volveríase unha desolación por falta de quen pasase por ela a causa das feras; 16Aínda que estes tres homes estivesen no medio dela, xúroo pola miña vida —é o Señor, Iavé, quen fala— que nin salvarían os seus fillos nin as súas fillas, senón que soamente eles se salvarían e a cidade quedaría feita unha desolación.
17Ou se non, se mandase a espada contra esa cidade e dese ordes de que a espada atravesase a cidade, e deste xeito eu eliminase dela homes e animais, 18Aínda que estivesen dentro da cidade estes tres homes, xúroo pola miña vida! quen fala é o Señor, Iavé que non salvarían os seus fillos nin as súas fillas, senón que se salvarían eles sós.
19Ou se non, se eu mandase peste a ese país e contra el vertese o meu noxo en sangue, eliminando dese país homes e animais, 20Aínda que Noé, Daniel e Xob estivesen no país, xúroo pola miña vida! quen fala é o Señor, Iavé que non salvarían nin fillo nin filla, aínda que por mor da súa xustiza eles salvarían a vida.
21Velaí o Señor Iavé, que fala así: Aínda que eu mande contra Xerusalén os meus catro terribles castigos: a espada, a fame, as feras salvaxes e mais a peste para eliminar dela homes e animais, 22dela quedarán só os fuxidos, os fillos e mais as fillas que puideron escapar. Ollade que virán onda vós, e vós comprobaredes o seu comportamento e os seus feitos; deste xeito consolarédesvos da desgraza que eu trouxen contra Xerusalén, de todo o que trouxen contra ela. 23Os mesmos fuxidos vos consolarán, pois comprobaredes o seu comportamento e mais os seus feitos. Vós recoñeceredes que non sen razón fixen eu todo o que fixen nela quen fala é o Señor Iavé.
Currently Selected:
Ezequiel 14: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: