Ezequiel 1:4-9
Ezequiel 1:4-9 ABGS
Tiven unha visión, e velaí que un vento de tormenta viña desde o norte, unha nube enorme, un lostregueo continuado, un resplandor arredor da nube, e do medio da nube baixaba coma un gran resplandor de ouro branco. Tamén baixaba a figura de catro seres viventes. O seu aspecto era este: tiñan semellanza de homes; cada un deles tiña catro caras e catro ás; As súas pernas eran rectas, e a planta dos seus pés era coma o casco do pé dun becerro e brillaban coma o resplandor do bronce brunido. De debaixo das súas ás botaban vermello de sangue para os catro lados, e as súas caras e as súas ás miraban para os catro lados. As súas ás xuntábanse cada unha coa súa compañeira. Non se volvían ó camiñaren: cada un marchaba de fronte.





