Efesios 2
2
Traídos da morte á vida
1E tamén vós estabades mortos polos vosos delitos e pecados 2e neles camiñabades daquela seguindo os criterios deste mundo e seguindo ó príncipe do poder do aire, do espírito que agora actúa nos fillos desobedientes... 3Entre eles viviamos daquela tamén todos nós, satisfacendo os nosos baixos instintos, cumprindo os baixos desexos e os caprichos dos instintos, sendo naturalmente fillos da ira, coma os mais.
4Pero Deus, que é farturento en misericordia, polo grande amor que nos amosou 5cando estabamos nós mortos polos nosos pecados, fíxonos revivir con Cristo (salváronvos por pura benquerenza) e 6resucitounos con El e con El fíxonos sentar no ceo en Cristo Xesús, 7para mostrarlles ós séculos vindeiros a desbordante riqueza da súa graza, manifesta na bondade que tivo connosco en Cristo Xesús. 8Porque vos salvaron por graza, mediante a fe; e isto non vén de vós: é don de Deus; 9e non vén das obras, para que ninguén se dea méritos. 10Somos, logo, feitura del, creados en Cristo Xesús para facermos o ben no que Deus dispuxo de antemán que camiñemos.
Un só pobo de salvados por Cristo
11Por iso debedes lembrar que vós, os que hai algún tempo erades xentís no corpo tratados de incircuncisos polos da chamada circuncisión (pura obra humana no corpo), 12estabades daquela sen Cristo, excluídos da cidadanía de Israel e alleos ás alianzas da promesa: viviades sen esperanza e sen Deus, no mundo.
13Pero vós, que antes estabades lonxe, agora grazas a Cristo Xesús estades cerca, no sangue de Cristo. 14El é a nosa paz: o que dos dous pobos fixo un só, derrubando a medianeira divisoria a inimizade, e abolindo na súa carne 15Aquela Lei de mandamentos e normas, para crear en si mesmo cos dous unha nova humanidade, facendo a paz; 16e reconciliando con Deus ámbolos dous nun único corpo por medio da cruz, matando nel mesmo a inimizade. 17El veu e anunciou a paz: paz para vós os de lonxe, e paz para os que estaban cerca: 18porque por el temos uns e outros acceso ó Pai, nun mesmo Espírito.
19Por tanto, xa non sodes estranxeiros nin xente de fóra: sodes concidadáns dos crentes e membros da casa de Deus, 20edificados sobre o alicerce dos apóstolos e dos profetas, sendo a pedra esquinal Cristo Xesús. 21Sobre el toda a construción se vai erguendo ata formar un templo santo no Señor. 22E nesa construción tamén entrades vós, para formardes unha morada de Deus, no Espírito.
Currently Selected:
Efesios 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: