Bible App logo
Search Icon

Qohélet (Eclesiastés) 4

4
A opresión dos poderosos
1De novo púxenme a observar todas as opresións que se cometen baixo o sol. E velaquí as bágoas de inocentes, sen que ninguén se apiade; vénlles violencia da banda dos opresores, sen que ninguén se apiade.
2E felicitei ós mortos que xa finaron máis felices do que os vivos que han vivir aínda, 3e por riba deles os que nin sequera naceron, pois non ollaron a dura tarefa que acontece baixo o sol.
A competencia nos negocios
4Teño observado que o traballo todo e toda empresa nace da competencia dos uns cos outros. Iso tamén é efémero e papar ventos:
5"O parvo crúzase de brazos
e consúmese a si mesmo",
6Mais: "Mellor unha man chea, e paz,
ca dúas, e traballo",
...e papar ventos.
III. A soidade e a compaña
7Tornei a considerar outra cousa efémera baixo o sol:
8O caso onde hai un e non hai dous: un home sen fillo nin irmán e, con todo, traballando decote sen se dar farto de riquezas. (E non matina: —"Para quen traballo eu e me privo da felicidade?"). Tamén vos é boa tolemia e esforzo ingrato!
9Mellor son dous ca un: tirarán bo proveito do traballo de entrambos. 10Se caen, un pode axudar ó outro. Mais, malia o só! Cando caia non terá quen o erga. 11E aínda máis: "Dous xuntos a durmir, quecen ben; un só como se quentará?". 12E: "A un só, pódeselle; dous xuntos, resisten". E: "Corda de tres fíos non se rompe axiña".
13Máis vale mozo pobre e listo ca rei vello e parvo, que xa non sabe facerse aconsellar.
14Abofé, aquel sae da cadea para reinar, por máis que nacese pobre durante o reino do outro.
15E observei a todos os viventes que camiñan baixo o sol pórse da parte do mozo aspirante ó trono que collía a sucesión.
16Non se contaba a xente diante da que marchaba.
E non obstante, os vindeiros xa non irán tan ledos; pois tamén isto é un sopro e papar ventos.
IV. O comportamento relixioso
17Ten conta dos teus pasos cando vaias á casa de Deus: "Achegarse para escoitar é mellor có moito sacrificar dos alpabardas", pois a eses fáltalles siso mesmo para facer o mal.

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in