Feitos 8
8
Persecución da Igrexa. Saulo entre os perseguidores
1Saulo aprobaba a súa morte. Aquel día levantouse unha grande persecución contra a Igrexa de Xerusalén, e todos, agás os apóstolos, dispersáronse polas terras da Xudea e da Samaría. 2Uns homes piadosos enterraron a Estevo e fixeron por el un gran pranto. 3En canto a Saulo, maltrataba a Igrexa: entraba polas casas, arrastraba homes e mulleres e mandábaos á cadea.
EXPANSIÓN DA IGREXA POR PALESTINA
Filipe evanxeliza Samaría
4Os que se dispersaron ían por todas partes, anunciando a Boa Nova da Palabra. 5Filipe baixou á cidade de Samaría e predicoulles o Mesías. 6O pobo, dun acordo, atendía ó que dicía Filipe, sentindo e vendo os sinais que facía; 7pois de moitos posuídos saían espíritos impuros a berros, e moitos paralíticos e coxos quedaban curados. 8A cidade encheuse de alegría.
9Había un home naquela cidade, chamado Simón, que exercía de meigo e pasmaba á xente de Samaría, dicíndolles ser alguén importante. 10Todos, desde o máis pequeno ó máis grande, facíanlle caso, porque dicían: "Este é a forza de Deus, chamada a Grande". 11E facíanlle caso, porque había tempo que os tiña pasmados con meiguerías. 12Pero cando creron a Filipe, que anunciaba o Reino de Deus e o nome de Xesús Cristo, fixéronse bautizar homes e mulleres. 13O mesmo Simón tamén creu e, despois de bautizado, andaba sempre con Filipe e ficaba abraiado ó ver os sinais e milagres que se facían.
14O sentiren dicir os apóstolos, que estaban en Xerusalén, que Samaría acollera a palabra de Deus, mandáronlles a Pedro e a Xoán. 15Baixaron logo alí, e oraron polos samaritanos, para que recibisen o Espírito Santo, 16pois aínda non baixara sobre ningún deles: só os bautizaran no nome do Señor Xesús. 17Entón, fóronlles impoñendo as mans e recibiron o Espírito Santo.
18Vendo Simón que pola imposición das mans dos apóstolos se daba o Espírito, ofreceulles cartos, 19dicindo:
Dádeme a min tamén ese poder para que aquel a quen lle impoña as mans, reciba o Espírito Santo.
20Mais Pedro respondeulle:
Así rebentes ti e mais o teu diñeiro! Ti coidas que o don de Deus se pode adquirir con cartos? 21Non tes parte nin sorte neste asunto, porque o teu corazón non é recto diante de Deus. 22Arrepíntete desa malicia túa, e pídelle ó Señor, a ver se che perdoa o sentir do teu corazón, 23pois vexo que estás destinado á amargura do fel e ás cadeas dos malvados.
24Simón respondeu:
Rezade vós por min ó Señor, para que non me acaia nada do que acabades de dicir.
25Eles entón, despois de testificaren e anunciaren a palabra do Señor, volveron para Xerusalén, evanxelizando en moitas aldeas de Samaría.
Filipe evanxeliza e bautiza un etíope
26Un anxo do Señor faloulle a Filipe deste xeito:
Anda, diríxete cara ó sur polo camiño que baixa de Xerusalén a Gaza, a través do deserto.
27Púxose en camiño e dirixiuse cara alá. Un etíope, eunuco, funcionario de Candaces, raíña da Etiopía, que estaba encargado de todos os seus tesouros, fora a Xerusalén como peregrino. 28De volta, sentado no seu carro, ía lendo no profeta Isaías.
29Díxolle o Espírito a Filipe:
Achégate e ponte a par dese carro.
30Correndo Filipe, sentiu que ía lendo no profeta Isaías e preguntoulle:
Entendes o que les?
31Contestoulle:
Como o vou entender, se ninguén mo explica?
E convidou a Filipe a que subise a sentar con el. 32A pasaxe da Escritura que lía era esta:
Coma ovella levárono ó matadoiro;
e coma año mudo diante de quen o rapa,
así El non abría a súa boca.
33Humillárono, negándolle a xustiza,
quen contará a súa descendencia?
A súa vida foi arrincada da terra.
34Dirixíndose a Filipe, díxolle o eunuco:
Por favor de quen di isto o profeta? De si mesmo ou doutro?
35Filipe entón tomou a palabra e partindo desa pasaxe da Escritura, anuncioulle a Boa Nova de Xesús. 36-37De camiño, chegaron a un sitio con auga e dixo o eunuco:
Aquí hai auga, por que non me podo bautizar eu?
38E mandou parar o carro. Baixaron os dous á auga, Filipe e mais o eunuco, e Filipe bautizouno. 39Cando subiron da auga, o Espírito do Señor arrebatou a Filipe. O eunuco xa non o viu máis, pero seguiu o seu camiño cheo de alegría.
40Filipe atopouse en Azoto e evanxelizaba todas as vilas por onde pasaba, ata chegar a Cesarea.
Currently Selected:
Feitos 8: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: