1 Pedro 4
4
O que sofre na carne rompe co pecado
1Pois, xa que Cristo padeceu na súa carne, armádevos tamén vós da mesma idea: que quen sofre na carne rompe co pecado; 2de xeito que vivades o resto da vosa vida corporal para cumprirdes a vontade de Deus e xa non para satisfacer as paixóns humanas. 3Pois o tempo pasado foi máis que de abondo para vivirdes vós en plan pagán, afeitos como estabades á luxuria e ós vicios, ás orxías, esmorgas, borracheiras e infames idolatrías. 4E así estráñanse ó ver que non corredes con eles, coma de costume, a estragar cartos e á inmoralidade, e insúltanvos. 5Xa darán contas a Aquel que está preparado para xulgar vivos e mortos; 6pois para isto se lles predicou o Evanxeo mesmo ós mortos: para que, en recibindo na súa carne mortal a sentencia común a todos os homes, poidan vivir no espírito coa vida de Deus.
Para o que falta, paga a pena sacrificarse polos outros
7E, por outra banda, a fin de todo está cerca; polo tanto, tede control e regra con vós mesmos para poderdes rezar. 8Antes que nada, esforzádevos no amor duns ós outros, porque o amor tapa moitos pecados. 9Dádevos pousada uns ós outros sen murmurar. 10Cada un esfórcese en servir os outros cos seus dons, os que de Deus recibiu, como corresponde a bos administradores dos diferentes dons de Deus. 11Quen fala, que sexa voceiro de Deus; quen sirva, que o faga coa forza que Deus lle dá, para que en todo Deus reciba gloria por medio de Xesús Cristo. A El pertencen a gloria e o poder polos séculos dos séculos. Amén.
SEGUNDA PARTE
Loar a Deus polas persecucións
12Meus amigos, saíde do medo que vos deu o incendio que xurdiu entre vós, para vos poñer a proba, coma se vos viñese enriba algo estraño. 13Máis ben alegrádevos, conforme ides tendo parte nos sufrimentos de Cristo, para que deste xeito cando se manifeste a súa gloria poidades tamén alegrarvos xubilosos. 14Se se burlan de vós por serdes cristiáns, felicitádevos, porque o Espírito da gloria, isto é, o Espírito de Deus, permanece sobre vós. 15Que ninguén de vós siga sufrindo por ser asasino ou ladrón ou mala persoa ou un entremetido; 16pero, se sofre por ser cristián, que non teña vergonza, máis ben que loe a Deus polo título que ten. 17Isto quere dicir que chegou o tempo do xuízo, comezando pola casa de Deus. Ora, se os seus principios en nós son así, cal será a fin dos que se rebelan contra o Evanxeo de Deus? 18Se caro lle custa ó xusto salvarse, que non será do impío e pecador! 19En conclusión: os que sofren conforme á vontade de Deus, facendo sempre o ben, encoméndense ó Creador que é fiel.
Currently Selected:
1 Pedro 4: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: