1
Apocalipse 7:9
Biblia SEPT
ABGS
Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.
Compare
Explore Apocalipse 7:9
2
Apocalipse 7:10
Proclamaban con grande voz: "A salvación perténcelle ó noso Deus, que senta no trono, e mais ó Año".
Explore Apocalipse 7:10
3
Apocalipse 7:17
Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor, levaraos ás fontes de auga e Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa".
Explore Apocalipse 7:17
4
Apocalipse 7:15-16
Por iso están diante do trono de Deus, e adórano día e noite no seu santuario. E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles. Non terán máis fame nin sede, nin caerá endexamais sobre eles o sol, nin ningunha queimadura del.
Explore Apocalipse 7:15-16
5
Apocalipse 7:3-4
"Non lles fagades mal á terra nin ó mar nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!". E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre todas as tribos dos fillos de Israel.
Explore Apocalipse 7:3-4