1
Apocalipse 2:4
Biblia SEPT
ABGS
Pero teño contra ti que perdiches o teu amor primeiro.
Compare
Explore Apocalipse 2:4
2
Apocalipse 2:5
Acórdate de onde caíches: arrepíntete e ponte a facer as obras de antes. Porque che vou vir cambiar o teu candelabro de sitio, caso de non te arrepentires.
Explore Apocalipse 2:5
3
Apocalipse 2:10
Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.
Explore Apocalipse 2:10
4
Apocalipse 2:7
Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.
Explore Apocalipse 2:7
5
Apocalipse 2:2
Coñezo as túas obras e fatigas e mais a túa enteireza e vexo que non podes aturar os malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos.
Explore Apocalipse 2:2
6
Apocalipse 2:3
Eu sei ben que tes esperanza e paciencia e por iso aguantaches por cousa miña e non estás canso.
Explore Apocalipse 2:3
7
Apocalipse 2:17
Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar do maná escondido e tamén unha pedriña branca; e escrito na pedriña un nome novo que ninguén coñece, fóra daquel que a recibe.
Explore Apocalipse 2:17