Anoxáronse contra ti os xentís,
pero agora chegou o teu anoxo:
é o momento de lles facer xustiza ós que morreron,
e de lles dar a paga ós teus servos, os profetas,
ó teu Santo pobo e ós que te respectan a ti,
ós pequenos e ós grandes,
e de esnaquizar os que destrúen o mundo.