Seis cousas hai que o Señor refuga
e mais unha sétima que El aborrece:
ollos altivos, lingua mentireira,
mans que esparexen sangue inocente,
mente que cisma en planos perversos,
pernas que corren cara á maldade,
quen levanta falso testemuño
e quen sementa preitos entre irmáns.