1
Proverbios 18:21
Biblia SEPT
ABGS
Morte e vida están no poder da lingua; dos froitos que prefira, xantará.
Compare
Explore Proverbios 18:21
2
Proverbios 18:10
O nome do Señor é forte torre: acóllese nel o xusto, e acouga seguro.
Explore Proverbios 18:10
3
Proverbios 18:24
Hai compañeiros só para parolar, e hai amigos máis íntimos ca irmáns.
Explore Proverbios 18:24
4
Proverbios 18:22
Quen encontra muller encontra un ben, e recibiu favor do Señor.
Explore Proverbios 18:22
5
Proverbios 18:13
Quen responde unha cuestión antes de escoitar, conseguirá fatuidade e mais vergonza.
Explore Proverbios 18:13
6
Proverbios 18:2
O necio non se comprace na prudencia, senón tan só nas súas matinacións.
Explore Proverbios 18:2
7
Proverbios 18:12
O corazón do home érguese orgulloso antes da desfeita, pero é a humildade a que precede á gloria.
Explore Proverbios 18:12